

SISTEMA DESACTIVADOR DE METAIS (SDM)
Diesel e+10 incorpora o desactivador de metais, produto de última tecnoloxía, para evitar a formación de insolúbeis metálicos e non prexudicar o rendemento do motor.
Ver máis
SEN XOFRE (<10 ppm)
A ausencia de xofre favorece o rendemento dos filtros de partículas, e reduce así o consumo nos motores diésel de última xeración.
Ver máis
EXCLUSIVAS PROPIEDADES DETERXENTES
Diesel e+10 protexe o sistema de alimentación e inxección contra ensuciamentos que poden penalizar a potencia, o consumo de combustíbel e as emisións contaminantes.
Ver máis
FORMULACIÓN ESPECÍFICA ANTICORROSIÓN
Diesel e+10 impide a oxidación das partes metálicas do sistema de alimentación e outras partes do motor sometidas ao risco de corrosión polo contacto co combustíbel.
Ver máis
MOLÉCULA ANTIESCUMANTE
Diesel e+10 evita, durante o proceso de recarga, a formación de escumas, que con outros gasóleos provocan incómodas salpicaduras. Deste modo, o bocal da bomba funciona de forma correcta e permite unha enchedura máis completa do depósito.
Ver máis
ÓPTIMO NÚMERO DE CETANO
Diesel e+10 ten un número de cetano optimizado para asegurar unha combustión máis suave. Apréciase pola maior facilidade de arranque en frío e a minimización da emisión de fumes brancos.
Ver máis
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.