Agrodiesel e+10

Anticipándose e adaptándose ás novas tecnoloxías, Repsol continúa realizando constantes investigacións e rigorosos ensaios dos seus gasóleos, co afán de satisfacer as demandas do mercado e as necesidades dos seus clientes.
Froito deste esforzo Repsol YPF lanza o primeiro gasóleo B aditivado do mercado, o novo Repsol AgroDiesel e+10 incorporando un paquete de aditivos exclusivos que protexe ao gasóleo fronte á oxidación e evita a obstrución prematura dos filtros.
Repsol Agrodiesel e+10 está especialmente indicado para maquinaria agrícola con motorizacións diésel "common rail" e pode ser utilizado en combinación con outros gasóleos. Ademais estivo sometido ao criterio dun dos fabricantes de maquinaria máis esixentes do mercado como é John Deere.
10 razóns para usar REPSOL AGRODIESEL e+10
- Formulación exclusiva e patentada de Repsol YPF, recomendado polos principais produtores de maquinaria agrícola John Deere e New Holland.
- Deseñado para todo tipo de maquinaría agrícola e desenvolvido especialmente para traballar ás altas temperaturas de retorno dos sistemas de inxección "common rail" utilizados nos motores de última xeración.
- Protexe da corrosión, conservando en condicións axeitadas o sistema de alimentación e inxección de combustíbel.
- Estabiliza o gasóleo minimizando a formación de partículas insolúbeis e reducindo a colmatación dos filtros. Esta mellora é crítica cando se utilizan os filtros de baixo micraxe requiridos nos equipos de inxección de última xeración.
- Minimiza os custos de mantemento da maquinaria, dada a protección do sistema de alimentación do combustíbel e a menor colmatación de filtros.
- Impide a xeración de gomas e sólidos no gasóleo, que impactarían no correcto funcionamento dos inxectores.
- Optimiza a combustión, mantendo as prestacións de estrea da maquinaria: potencia, emisións e consumo.
- Permite unha maior fiabilidade da maquinaria agrícola, maximizando o tempo de operación reducindo as incidencias durante a súa operación.
- Conserva as propiedades do gasóleo mesmo durante almacenamentos prolongados deste, permitindo unha maior flexibilidade de uso e minimizando os custos de previsión e renovación de combustíbel.
- Ensaiado en maquinaria agrícola de alto estrés térmico (cultivadoras John Deere con motorizacións "common rail").
