Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Gasóleos > Información de produtos > Gasóleo C calefacción

Gasóleo C calefacción

Anticipándose e adaptándose ás novas tecnoloxías, Repsol continúa realizando constantes investigacións e rigorosos ensaios dos seus gasóleos, co afán de satisfacer as demandas do mercado e as necesidades dos seus clientes.

 

Froito deste esforzo nace o Gasóleo C de Repsol, Repsol Energy e+, incorpora un paquete de aditivos exclusivos que protexe o gasóleo fronte á oxidación e evita a obstrución prematura dos filtros ou que se ensucien os queimadores. A súa utilización asegura o rendemento da caldeira coma se fose nova e reduce os custos de mantemento das instalacións de calefacción.

 

10 razóns para usar gasóleo de calefacción REPSOL ENERGY e+

  1. Pola súa calidade regulada por especificacións oficiais, non suxeitas á orixe do produto, cunha formulación exclusiva patentada por Repsol.
  2. Por economía de instalación inferior a outros combustíbeis ao non esixir normas especiais nin rede previa de canalización, non ter cotas de enganche, alugueiros de contadores, etc.
  3. Por eficiencia enerxética, ao mellorar o rendemento da instalación e manter as condicións de estrea da caldeira alcanzando rendementos próximos ao 100%. 
  4. Por estabilidade, Repsol Energy e+ conserva íntegras as súas propiedades en almacenamento 
  5. Por economía, ao aumentar o rendemento redúcese o consumo de combustíbel e minimízanse os custos de mantemento das instalacións.
  6. Por seguridade ao ter un punto de inflamación superior aos 60º C.
  7. Por ter unha rede de distribución máis extensa que a de calquera outro operador.
  8. Pola súa achega á conservación do ambiente pola súa redución en contido de xofre.
  9. Pola garantía de subministración ao dispoñer Repsol de gran cantidade de orixes alternativas.
  10. Pola facilidade en controlar a calidade do produto coa obtención de mostras.

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.