Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Gas (Butano e propano) > Especial 50.º aniversario > Información xeral
Unha breve historia do butano en España

A bombona de butano forma parte da memoria sentimental, económica e social de España. Ao longo de 50 anos serviu para dar calor e enerxía a un país que cambiou radicalmente, para pasar da autarquía a un elevado nivel medio de vida. Esta é a súa historia.

Operario de reparto

Operario de repartición - 1965

En 1957 nace Butano S.A. co obxectivo de surtir de enerxía económica aos españois. Esta empresa recolle a experiencia previa doutras que, en anos anteriores, xurdiran noutros países europeos para comercializar butano envasado. Este gas é unha fonte de enerxía eficiente, económica e doadamente transportábel, o que a convirte na solución ideal para os usuarios.

Nun principio aprovéitase a rede de distribución de CAMPSA e lubricantes Repsol para distribuír as primeiras bombonas de 12,5 kg aos poucos usuarios que aínda as podían empregar, pero axiña quedará pequena e fará falta unha rede propia. Escombreras (Cartaxena) acollerá o primeiro centro de enchedura de botellas, que empezará a facer chegar bombonas a Madrid e Valencia.

Nos anos posteriores o negocio expándese segundo medran tamén as necesidades enerxéticas do país, inmerso nos Plans de Desenvolvemento. Inaugúranse novas plantas de enchedura en Valencia, León e Barcelona, e ademais fabrícanse buques para ampliar a rede de subministración. Entre 1964 e 1968 bótanse nove naves, mentres o transporte por estrada mellora mediante licenzas a empresas en cada zona.


Este rápido desenvolvemento na década de 1960 mantense nos anos posteriores, e ademais invístense moitos recursos na aplicación tecnolóxica de medios e procesos para mellorar a calidade do produto e o servizo. Por exemplo, en 1975 comeza a empregarse un sistema centralizado de información, creado por IBM. Así mesmo, prosegue a bo ritmo a creación de novas plantas.


Distribución

Distribución


Bombona de butano

Bombona de butano - 2004



A chegada da democracia supón unha reordenación económica e estrutural que deriva na creación do Instituto Nacional de Hidrocarburos, entidade á que pasan as accións de Butano S.A., dende o Instituto Nacional de Industria. Os investimentos en melloras tecnolóxicas aumentan e en 1986 constitúese a sociedade Repsol, de modo que Butano S.A. pasará ese mesmo ano a denominarse Repsol Butano S.A. Ao ano seguinte liberalízase totalmente o mercado enerxético e o Grupo Repsol consolídase como o primeiro axente comercializador do país.

A finais da década de 1980 e a principios de 1990 inaugúranse novos centros de atención ao cliente e invístese na mellora da loxística, para optimizar os tempos e procesos de repartición. En 1993 iníciase a comercialización de bombonas de butano no sur de Francia e Portugal, e ademais comeza a expansión en Sudamérica mediante a compra de participacións en diferentes sociedades. Tamén entra en vixencia o Sistema de Xestión Ambiental, así como un novo Sistema Integral de Xestión Loxística. En 1997 créase a marca Repsol Gas.


A compra da compañía arxentina YPF en 1999 supón un importante punto de inflexión, coa posterior adopción do modelo de xestión RYS XXI e o comezo da comercialización dunha nova bombona de butano de 6 kg. Dous anos despois créase a marca comercial Repsol Butano e en 2002 inaugúrase o Centro de tecnoloxía de Repsol YPF en Móstoles, que achega o potencial de desenvolvemento tecnolóxico necesario para crear novos produtos e mellorar os existentes con altos niveis de excelencia. Ademais, aplícase unha nova política de xestión ambiental e de seguridade. Finalmente, 2007, ano no que se cumpre o 50º aniversario do nacemento da bombona de butano, coincide co traslado de sede social da empresa.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.