O Autogas é o carburante alternativo máis utilizado no mundo porque é o único, a día de hoxe, con posibilidade real de implantación efectiva e inmediata no gran público.
O mercado de autogas no mundo desenvólvese dende os anos 70 por razóns fundamentalmente económicas de diversificación enerxética e ambientais. En Europa existen case 3 millóns de vehículos alimentados con Autogas que poden repoñer nas máis de 11.000 estacións de servizo con Autogas. Ademais, o Autogas é o carburante de máis de 1.400 autobuses urbanos utilizados en 25 cidades europeas.
Repsol Butano, a través da súa marca Repsol Gas, comercializa dende hai 25 anos Autogas para o seu uso como carburante en España. O autogas é hoxe un produto comercial consolidado e competitivo.
En España circulan na actualidade 5.000 vehículos a autogas, que poden repoñer na Rede de Estacións de Servizo Gasauto, con 22 puntos de venda distribuídos estratexicamente ao longo do territorio nacional, e que irá crecendo paulatinamente. Ademais, 20 frotas de autobuses, carretas e karts a Autogas abastécense en instalacións de uso exclusivo, subministradas por Repsol Gas. Na cidade de Valladolid, 100 vehículos da frota de autobuses urbanos circulan con autogas, así como outros 6 na cidade de Vigo.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.