Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > España > Autogas > Información do produto
Información do produto

O Gas Licuado de Petróleo (GLP) é unha mestura de butano e propano. O 60% do GLP que se comercializa no mundo obtense directamente de xacementos de gas natural ou petróleo, mentres que o 40% restante é un produto da destilación do petróleo en refinaría.

A composición e características da mestura butano-propano do GLP para o seu uso como carburante en Automoción atópanse reguladas pola Norma UNE-EN 589, cunhas proporcións variábeis en función da súa utilización; REPSOL GAS comercializa Autogas con 30% de propano e 70% de butano para vehículos lixeiros e 65% de propano e 35% de butano para vehículos pesados.

O Autogas é almacenado, transportado e distribuído en fase líquida. Este produto comercialízase a través dunha Rede de Estacións de Servizo Autogas onde, mediante una sinxela e rápida operación de enchedura, realízase a recarga dos vehículos. No caso de frotas, REPSOL GAS ofrécelles ademais a posibilidade de dispoñer dunha instalación, de uso exclusivo, de almacenamento e subministración de GLP.

 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.