Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Bombona de 12,5 kg

Botella de gas de uso domésticoEsta botella -con 12,5 kg netos de carga de butano- destínase ao consumo doméstico. A súa tara é duns 13 kg.
Este tipo de envases teñen o seu uso preferente en:
Cocción: cociñas e fornos.
  • Auga quente: quentadores.
  • Calefacción: estufas móbiles.   

A válvula da bombona está provista dun precinto de seguridade, tamén chamado de calidade, en substitución da tradicional carapucha negra. Este precinto desempeña as seguintes funcións:

  • Protexer o mecanismo da válvula contra materias estrañas que puidesen proceder do exterior do envase.
  • Garantir a calidade e o peso do produto.   

Deben rexeitarse as botellas co precinto deteriorado.

Bombona de 6 kg

Botella de gas de uso doméstico de 6 Kg

A nova botella de 6 kg ten as mesmas aplicacións que a bombona tradicional, pero presenta ademais novas vantaxes:

  • A súa válvula é idéntica á da bombona convencional, o que permite utilizala co mesmo equipo de regulación (regulador, abrazadeiras e tubo flexíbel), converténdose nun complemento ideal para os actuais sistemas de envasado e distribución.  
  • A botella de 6 kg, polo seu tamaño, peso e manexo, é idónea para aplicala a elementos móbiles como caravanas, grellas, paelleiras, neveiras, sopretes, lámpadas de xardín, estufas móbiles -de infravermellos ou catalíticas-, aparellos de cámping, etc.   
  • A súa capacidade é a metade da bombona tradicional, por iso pode empregarse con todos os aparellos: cociña de gas butano, forno de gas, radiadores murais, etc., agás con aqueles de gran consumo como caldeiras mixtas, grandes quentadores, cociñas industriais ou aparellos similares. 

¿Onde adquirilas?

A nova botella de 6 kg distribúese nas Estacións de Servizo do grupo Repsol (Repsol, Campsa e Petronor ) repartidas por toda a península e Baleares. O cliente poderá adquirir a botella nas devanditas Estacións de Servizo, e amplíase así a posibilidade de mercala fóra do horario tradicional.

Á hora de adquirir estas botellas, ¿que é necesario?

  • É obriga do cliente posuír un certificado de instalación -expedido por unha empresa instaladora- que non se esixe no momento da substitución pola nova botella recargada na Estación de Servizo.
  • Cando adquira unha botella nova, deberá cubrir un boletín de consignación cos datos do cliente.
  • Cando adquira unha botella por primeira vez na Estación de Servizo, deberá aboar, xunto co importe do gas, un importe en concepto de consigna polo envase, que lle será reintegrado cando realice a devolución definitiva do mesmo.
  • Poderanse adquirir tantas botellas como se soliciten.     

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.