
Diferéncianse exteriormente dos envases de butano de 12,5 kg por amosar unha banda negra no casco superior. É aconsellábel usar propano no caso de instalar as botellas no exterior ao presentar un mellor grao de vaporización. En canto ás características construtivas -e as probas a que se someten estas bombonas-, son idénticas ás UD-125.

As chamadas botellas industriais de 35 kg de carga propano comercial tamén se empregan -e cada vez máis- para uso doméstico.
A tara de cada botella é de 35 kg, co que o bruto deste envase é de 70 kg de peso e a súa dimensión é de 30 centímetros de diámetro cunha altura total de 143 centímetros. Todas as botellas van provistas dunha válvula tipo IESA na súa parte superior, dotada de válvula de seguridade, protexida mediante un colar ou anel metálico arredor da mesma. Na parte inferior, dispoñen dun aro base para garantir a súa estabilidade.
Os seus principais usos son::
Estas botellas, como norma xeral, han de ser instaladas sempre no exterior dos edificios, vivenda ou local e protexeranse por unha caseta de material incombustíbel, aínda que se poden instalar ata 2 botellas en interiores baixo certas condicións. Empréganse xeralmente colocadas en batería en descarga simultánea e o seu número definirao a natureza da instalación.
As baterías máis habituais para as vivendas unifamiliares ou os pequenos negocios son as formadas por 6 botellas (3 en funcionamento e 3 en reserva) ou por 10 botellas (5+5) que forman o chamado EIP (Equipo Individual Propano). O sistema permite que cando se esgotan as 3 ou as 5 primeiras botellas, conéctanse automaticamente as de reserva, e así mantense unha subministración de enerxía constante.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.