Motocicletas de 2 tempos - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Produtos e servizos Lubricantes

Ruta

Motocicletas de 2 tempos
Repsol Moto Sintético 2T

O principal condicionante deste tipo de aceites é que funcionan a engraxamento perdido, é dicir, mestúranse coa gasolina para lubricar todos os elementos mecánicos e logo acabar queimándose na cámara de combustión. É polo tanto moi importante que os compoñentes do aceite dean unha baixa formación de fumes.

Repsol renovou e especializaron os seus produtos para satisfacer este mercado, cada vez máis esixente e con aplicacións máis diversas. A gama Repsol Moto 2T componse de 6 aceites cos que se cobre todo o espectro de calidades:

  1. 1. Repsol Moto Racing 2T: Aceite lubricante totalmente sintético e exclusivo de premestura (premix-only) para motores 2 tempos de alta competición. Deseñado coa experiencia achegada polos equipos de competición Repsol e capaz de resistir altas temperaturas. É un produto premix axeitado para karts.

  2. Repsol Moto Competición 2T: Aceite lubricante sintético para motores 2 tempos de altas prestacións que circulen en calquera tipo de vía. Formulado para unha protección total asegurando unha excelente limpeza do motor e unha baixa formación de fumes. Os seus compoñentes evitan a formación de depósitos axudando a manter limpas as válvulas de escape. Homologado JASO M345 FD e TISI. Supera os niveis de calidade ISO-L-EGD, Aprilia DFI e API TC. Rendemento probado tamén en motores de inxección directa.

  3. Repsol Moto Off Road 2T: Aceite lubricante sintético para motores 2 tempos de altas prestacións que circulen en calquera tipo de vía. Formulado para unha protección total asegurando unha excelente limpeza do motor e unha baixa formación de fumes. Os seus compoñentes evitan a formación de depósitos axudando a manter limpas as válvulas de escape. Homologado JASO M345 FD e TISI. Supera os niveis de calidade ISO-L-EGD, Aprilia DFI e API TC. Rendemento probado tamén en motores de inxección directa.

  4. Repsol Moto Scooter 2T: Aceite lubricante sintético para motores 2 tempos de moi altas prestacións aplicábel a todas e cada unha das especialidades off-road ao máis alto nivel. Produto especialmente formulado para garantir a protección do motor contra o desgaste e adecuado para sistemas premestura e de lubricación por inxector. Homologado JASO M345 FD e TISI. Supera os niveis de calidade ISO-L-EGD, Aprilia DFI e API TC. Rendemento probado tamén en motores de inxección directa.

  5. Repsol Moto Sintético 2T: Aceite lubricante de tecnoloxía sintética para motores 2 tempos de altas prestacións. Protexe o motor fronte á formación de depósitos e o desgaste excesivo. As súas características de fluidez e miscibilidade fan que sexa un produto adecuado para sistemas premestura e de lubricación por inxector. Homologado JASO M345 FD e TISI. Supera os niveis de calidade ISO-L-EGD, Aprilia DFI e API TC.

  6. Repsol Moto Town 2T: Aceite lubricante para motores 2 tempos de uso xeral adecuado para todo tipo de modelos e especialmente indicado para o uso de arranque-parada en circulación urbana. Protexe o motor fronte ao desgaste mantendo limpas as válvulas de escape. Supera os niveis de calidade JASO M345 FB, ISO-L-EGB e API TC.          



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.