Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Fundacións

Dende hai anos, Repsol YPF colabora co mundo da aviación apoiando a fundacións que teñen por obxectivo a conservación do patrimonio histórico aeronáutico.

Fundación Infante de Orleans (FIO)

En 1989, constituíuse a Fundación Infante de Orleans co obxectivo de completar a máis ampla colección posíbel dos avións que xogaron un papel prominente no desenvolvemento da aeronáutica española. Acondicionouse o hangar no aeroporto de Cuatro Vientos e inaugurouse o museo en 1990, co se facilitou así un medio de exhibición e divulgación permanente mediante a exposición estática.

Esta colección cobra vida unha vez ao mes grazas a unha exhibición aérea que permite contemplar no seu elemento natural estas reliquias do pasado en perfecto estado de voo.

A colección conta na actualidade con 40 avións de modelos diferentes que abranguen 60 anos de historia aeronáutica española, dos cales 32 están en perfectas condiciones de voo. O resto está en proceso de restauración. Algúns deles son exemplares únicos no mundo e todos eles contribuíron en gran medida ao desenvolvemento da aviación española.

Máis información en  www.fio.es


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.