Chamados tamén adhesivos termofusíbeis, caracterízanse por ser 100% sólidos, aplicarse en estado fundido e ao arrefriarse, presentar unha forte adhesión. A velocidade de adhesión é moi elevada debido á ausencia de disolventes na súa formulación.
Existen diferentes tipos de Hotmelt, algúns son polímeros utilizados directamente, sen modificar, como os poliésteres e o polipropileno atáctico, pero xeralmente emprégase unha mestura especialmente formulada de polímero base con resinas adhesivas (resina Tack), modificadores de viscosidade (ceras), estabilizantes, cargas. ...
Nesta formulación, o polímero base proporciona a forza cohesiva, tenacidade e flexibilidade, a resina adhesiva contribúe coa pegañosidade e forza adhesiva, e as ceras como modificadores de viscosidade.
Entre os polímeros máis comúns en adhesivos termofusíbeis atópanse o polietileno, polipropileno, os copolímeros EVA, os copolímeros SBS en bloque, as poliamidas, os poliésteres e os poliuretanos.
Os adhesivos termofusíbeis presentan diversas vantaxes fronte a outros tipos de adhesivos:
E como condicionantes:
As aplicacións máis importantes atópanse nos sectores do envase/embalaxe, a encadernación, moble, automóbil e calzado.
A gama de produtos de Repsol YPF inclúe os seguintes polímeros base:
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.