Produtos químicos, derivados petroleo – repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Produtos e servizos Produtos químicos

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Aplicacións > Aplicacións Químicas > Glicois
Glicois
Preparación de aromas

Repsol YPF produce e comercializa tres tipos de glicois propilénicos:

PROPILENGLICOL: PG (MPG)
DIPROPILENGLICOL: (DPG)
TRIPROPILENGLICOL: (TPG)

Todos eles se obteñen por reacción entre unha molécula de auga e unha (MPG), dous (DPG) ou tres (TPG) moléculas de OP sen utilizar ningún disolvente adicional. Actualmente, a produción industrial faise a partir de óxido de propileno que reacciona rapidamente coa auga.  Á temperatura de reacción (entre 120 e 180 ºC) e sen necesidade de catalizador, prodúcense os tres glicois en distinta proporción, proporción que varía en función da relación de auga / OP que se alimenta ao reactor. O resto do proceso consiste en separar mediante sucesivas destilacións cada un dos glicois producidos e o exceso de auga engadido.


Cosmética

En xeral, as características físicas dos tres glicois son similares: todos son líquidos claros e transparentes, practicamente inodoros e con baixa volatilidade. Son higroscópicos, aínda que esa higroscopicidade diminúe a medida que aumenta o peso molecular. Son totalmente solúbeis en agua. Ademais, todos os glicois teñen unha gran capacidade para disolver numerosos compostos orgánicos, o que lles vai permitir servir como vehículo portador de aromas, colorantes, etc. Todos os glicois posúen na súa molécula dous grupos hidroxilo. Isto fai que, aínda que dende o punto de vista da súa reactividade sexan produtos moi estábeis, en condicións axeitadas sexan capaces de intervir nas reaccións típicas de calquera outro diol, como por exemplo reaccións de formación de ésteres e éteres. Repsol YPF posúe dúas plantas en España, localizadas en Puertollano e Tarragona, cuxas capacidades son:


 
Puertollano (t/ano) Tarragona (t/ano)
PG (MPG) 21.750 40.250
DPG 3.100 8.850
TPG   150 900

Ambas as dúas plantas posúen certificación UNE-EN ISO 9001-2000 de Xestión da Calidade e certificación UNE-EN ISO 14001: 1996 de Xestión Ambiental.

Documentación adicional PG (MPG) Grao USP/EP: 

Especificación Informativa 

Certificado Farmacopeas 

Certificado Sanidade (Tarragona) 

Certificado Sanidade (Puertollano) 

Certificado Ausencia Organismos Xeneticamente Modificados 

Certificado Non BSE Certificado Non Irradiación 

Certificado Non Realización de "Tests en Animais" 

Certificado Kosher 

Aplicación do PG en Alimentación Animal   

Documentación adicional glicois:

Especificación Informativa MPG Grao Industrial 

Certificado BAM MPG Grao Industrial

Especificación Informativa DPG Grao Perfumaría 

Especificación Informativa DPG Grao Industrial 

Especificación informativa TPG 

Descargar Acrobat Reader


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.