Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Aplicacións > Aplicacións Químicas > Impermeabilización
Impermeabilización

 
A impermeabilización experimentou un grande auxe na últimas décadas, froito de dúas circunstancias: 
  • O aumento da demanda de auga, que obriga a aproveitar ao máximo os recursos hídricos.  
  • A necesidade de impermeabilizar os vertedoiros e depósitos de augas residuais para protexer o subsolo dos produtos contaminantes procedentes das verteduras.  

Materiais impermeabilizantes

Tradicionalmente estivéronse a empregar materiais como arxilas, pantallas de formigón, gunitas e inxeccións de cemento e pantallas asfálticas. Dende a aparición e desenvolvemento dos plásticos, o uso de xeomembranas (nome que reciben os produtos sintéticos en forma de lámina utilizados en impermeabilización) é cada día maior xa que son necesarios espesores moito menores que cos materiais tradicionais para conseguir a mesma ou mellor impermeabilización e cun custo menor.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.