
Dentro da estratexia de orientación ao cliente, a área química de Repsol YPF dispón dun centro de asistencia técnica e desenvolvemento situado en Madrid para atender os negocios de poliolefinas e intermedios.
As funcións principais de ATD son as seguintes:
· Prestar asesoramento técnico a clientes, como, apoio á venda
· Desenvolver conxuntamente cos clientes, que o requiran, novos produtos
· Manter a calidade e competitividade dos produtos
· Estabelecer e actualizar de forma continua as especificacións técnicas
· Detectar esixencias e necesidades do mercado
· Localizar e impulsar novos mercados e clientes mediante o desenvolvemento de novos produtos e a mellora constante dos existentes
· Impartir cursos de formación a persoal propio e clientes
· Participar e colaborar con organismos e institucións nacionais e internacionais, públicas e privadas, relacionados co seu ámbito de actividade
O forte compromiso coa tecnoloxía proporcionou a Repsol YPF unha vantaxe competitiva, entre outras, en áreas tales como a coprodución de óxido de propileno/estireno, polioles, caucho hidroxenado e plásticos para a agricultura, baseada en tecnoloxía e know-how propios.
Como demostración deste compromiso Repsol YPF conta co centro de tecnoloxía que agrupa as actividades de investigación, desenvolvemento e asistencia técnica, nunha busca continua da excelencia en innovación e proceso de produtos.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.