
A área operativa química de Repsol YPF asiste a numerosas feiras e exposicións nacionais e internacionais relacionadas coas súas diferentes áreas de negocio.
En moitos casos é un lugar de encontro cos seus clientes actuais e potenciais e unha ocasión idónea para celebrar unha reunión de traballo ou unha comida de negocio.
Este é o calendario de feiras ás que asiste Repsol YPF Química con posto propio durante o ano 2004. Aquí pode atopar información sobre algunhas destas feiras e como poñerse en contacto cos seus organizadores.
Tamén recibirá información e mesmo invitacións para a asistencia a estas solicitándoas ao seguinte enderezo de correo: feriasquimica@repsolypf.com. Neste mesmo enderezo poderá solicitar información adicional sobre a participación de Repsol YPF Química nestas feiras e noutras nas que participa xunto co Grupo Repsol YPF.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.