A industria química foi parte esencial dos avances científicos do século XX ata a actualidade. No planeta existen aproximadamente 6.500 millóns de persoas que viven cunha calidade de vida superior á que viviron xeracións pasadas, grazas á diversidade de produtos baseados na química. Saúde, hixiene, alimentación, fogar, seguridade, transportes, informática, comunicacións, deportes, entretemento e moitas máis áreas relacionadas co noso día a día, sufriron modificacións transcendentais como consecuencia do desenvolvemento e da aplicación de produtos químicos.
A química alónganos a vida e dános a comodidade necesaria para facer as actividades cotiás, non obstante, moitas veces as persoas non perciben esta realidade que está presente en cada actividade que se realiza. A continuación mostramos uns exemplos de como os produtos químicos nos fan a vida máis doada.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.