Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Estacións de servizo > Compromisos coa Comisión Europea
Compromisos coa Comisión Europea

Repsol YPF (a través da súa filial Repsol Comercial de Productos Petrolíferos S.A), comprométese ante a Comisión Europea a respectar os compromisos descritos no asunto COMP/B-1/38348 - Repsol C.P.P.,  para favorecer a competencia no mercado español de estacións de servizo.

A aplicación destes compromisos permitirá a un gran número de estacións de servizo elixir os seus provedores e dá por finalizado o procedemento relativo aos acordos de subministración en exclusiva.

Os compromisos máis significativos asumidos por Repsol YPF son:

  • Respecto das disposicións do Regulamento 2790/1999 e, en concreto, ao relativo a cláusulas de non competencia e determinación do prezo de venda. (A exención por categoría do Regulamento non é directamente aplicábel aos contratos de Repsol, en tanto esta manteña unha cota superior ao 30%).
  • Incrementar o número anual de estacións de servizo susceptíbeis de cambiar de provedor, permitindo o rescate anticipado de contratos en estacións con dereitos de usufruto e superficie. 
  • Non adquirir ata o 31 de decembro de 2007, novas estacións de servizo ás que actualmente non estea a subministrar. 
  • Non celebración de novos acordos a longo prazo.
  • Dar publicidade dos vencementos dos contratos, publicándoos na páxina web do Ministerio de Industria ou na da propia empresa     

                                   Ver Compromisos (PDF 124 Kb)


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.