
Venda de entradas e lotarías

A partir de agora os clientes que repoñan nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor poderán gozar de moitas máis vantaxes e servizos.
Localizador de Estacións de Servizo
Non quedará sen facer a quiniela porque a Administración de Lotaría estaba xa pechada, nin terá que facer máis colas para recoller as entradas de cine.
Todos estes problemas remataron. Repsol YPF pon á súa disposición Sprint Point, o novo terminal autoservizo nas tendas das estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor.
Coñeza todas as posibilidades do servizo Sprint Point.
A través de Sprint Point poderá comprar entradas para todo tipo de espectáculos: cines, concertos, teatros; localidades para eventos deportivos; realizar apostas e comprar lotaría do estado; enviar flores ou adquirir billetes de autobús.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.