Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Estacións de servizo > Sprint WiFi
Novo servizo Sprint Wi-Fi
Nuevo servicio Sprint Wi-Fi para las estaciones de servicio.

Dende o 1 de xuño está dispoñíbel en 500 Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor o servizo Sprint Wi-Fi.

Localizador de Estacións de Servizo.

1.-¿Que é Wi-Fi?

Wi-Fi é acceder a Internet sen cables. Consiste en que nas Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor calquera cliente cun dispositivo móbil (ordenador, teléfono, PDA...), pode conectarse a Internet previa compra dunha tarxeta de acceso por tempo. Esta tarxeta adquírese nas Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor.

2.-¿Con quen? 
 
Repsol YPF ofrece este servizo a través da empresa AWA.

3.-¿Como funciona?

  • O cliente compra a tarxeta de acceso: (50, 100 300, 500 minutos ou Tarifa Plana).
  • Acende o seu dispositivo / Inicio / Configuración / Conexións de Rede / Habilitar conexións de rede sen fíos (debe estar activada a casa "Permitir conexións de rede sen fíos") / buscar redes dispoñíbeis.
  • Habilitar a rede SPRINWIFI ou AKIWIFI.
  • Pídelle usuario e contrasinal (que veñen na tarxeta).
  • Xa pode navegar todo o tempo contratado, dunha vez, ou en varias sesións (cun límite de 3 meses dende a primeira conexión). 

Coñeza todas as vantaxes do servizo Sprint Wi-Fi  

4.-¿Onde pode usarse?

O cliente pode comprar a tarxeta nunha Estación de Servizo e facer uso dela nesa estación ou en calquera outra das marcas Repsol, Campsa e Petronor, con conexión Wi-Fi.

Tamén pode comprar a tarxeta en hoteis, cafetarías, etc. asociadas á rede Akiwifi de AWA, e facer uso dela nas Estacións de Servizo de Repsol, Campsa e Petronor. Así mesmo pode comprar a tarxeta nas Estacións de Servizo de Repsol, Campsa e Petronor e facer uso delas en calquera outro establecemento asociado á rede Akiwifi de AWA.

5. -Terminoloxía:

SPRINT WIFI: Termo que describe a conexión sen fíos a Internet nas estacións de servizo de Repsol YPF.

AKIWIFI: Termo que describe a conexión sen fíos a Internet no resto de accesos asociados a AWA fóra de Repsol YPF.

HOTSPOT: (Punto quente) Cada un dos puntos ou accesos a Internet.



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.