Ser usuario do sistema ADOC Cogeneración é sinxelo: só ten que dicilo. Para iso, póñase en contacto con algunha das nosas delegacións ou ben diríxase á nosa delegación de Asistencia Técnica en Madrid.
O noso persoal facilitaralle un código de cliente e uns impresos nos que sinalará, para cada un dos motores ou da maquinaria nos que vostede desexe facer o seguimento, unha serie de datos necesarios para o seu ingreso no sistema.
Unha vez realizada a súa solicitude, Repsol facilitaralle:

Toma da mostra
A tarxeta de datos contén unha serie de instrucións para unha correcta toma da mostra. Unha vez tomada, deberá identificala mediante as dúas etiquetas proporcionadas que teñen o mesmo código de barras: unha, marcada cun A, para o bote que contén a mostra de aceite e outra, marcada cun T, para a tarxeta coa información da devandita mostra.
Envío por correo
Complete todos os datos que se solicitan na tarxeta informativa necesarios para a xestión (datos do cliente, instalación, motor, etc.) e o diagnóstico (datos do aceite, horas de uso, reposicións diarias, etc.). Introduza, a continuación, a tarxeta xunto coa botella da mostra correctamente pechada dentro do sobre especial e remítaa ao enderezo indicado.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.