Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Asistencia técnica > Adoc Industria > Como utilizalo
¿Como utilizalo?

Ser usuario do sistema ADOC Industria é sinxelo: só ten que dicilo.

Para iso, póñase en contacto con algunha das nosas delegacións ou ben diríxase á nosa delegación central de Asistencia Técnica en Madrid.

O noso persoal facilitaralle un código de cliente, así como uns impresos nos que sinalará unha serie de datos necesarios para o seu ingreso no sistema para cada un dos motores ou da maquinaria nos que vostede desexe facer o seguimento.

Unha vez realizada a súa solicitude, Repsol facilitaralle: 

Documentación

  • Recipientes especiais para a toma de mostras.
  • Etiquetas con códigos de barras para a identificación das mostras.
  • Tarxetas para o envío de información de cada mostra.
  • Sobres con franqueo concertado en destino para o envío das mostras aos nosos laboratorios.  

Toma da mostra

A tarxeta de datos contén unha serie de instrucións para unha correcta toma da mostra. Unha vez tomada, deberá identificala mediante as dúas etiquetas proporcionadas que teñen o mesmo código de barras: unha, marcada cun A, para o bote que contén a mostra de aceite e outra, marcada cun T, para a tarxeta coa información da devandita mostra.

Envío de correo

Complete na tarxeta informativa todos os datos solicitados necesarios para a xestión (datos do cliente, instalación, motor, etc.) e o diagnóstico (datos do aceite, horas de uso, reposicións diarias, etc). Introduza, a continuación, a tarxeta xunto coa botella da mostra correctamente pechada dentro do sobre especial e remítaa ao enderezo indicado.



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.