Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Asistencia técnica > Adoc Industria > ¿Que información facilita?
¿Que información facilita?

Por cada mostra procesada, emitirase unha tarxeta de resultados acompañada dos diagnósticos e as recomendacións.

Ao observar os valores dos parámetros analizados, vostede poderá avaliar o estado da máquina involucrada, comprobando ademais a súa evolución mediante a comparación cos resultados correspondentes ás mostras anteriores.

Para facilitar a visualización e comprensión dos valores obtidos, móstranse en diferentes cores dependendo se o resultado está en estado normal, de alerta ou de alarma, xa que o sistema conta cuns límites definidos baseándose na experiencia adquirida nos máis de dez anos da Asistencia Técnica Repsol en efectuar diagnósticos.

O sistema emite un diagnóstico no que se lle comentan os resultados anómalos, preséntanselle as posíbeis causas de fallo e, finalmente, dánselle as recomendacións sobre as posíbeis alternativas para verificar os fallos ou accións a tomar para remedialos. Mesmo nas situacións de total normalidade, o sistema faille recomendacións como alongar ou acurtar o período de cambio de aceite ou os datos para un novo envío de mostra.

 


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.