Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Asistencia técnica > Adoc Industria > Recepción de mostras
Recepción e xestión das mostras no laboratorio
muestras en probetas

No laboratorio danse de alta as mostras recibidas e as súas tarxetas.

As mostras clasifícanse e introdúcense no sistema mediante un lector de códigos de barras, mentres que a información contida na tarxeta introdúcese por medio dunha aplicación que automatiza o proceso, e que se basea nos datos das mostras anteriores.

En función do tipo de máquina cuxo aceite se estea a analizar, desígnanse os parámetros máis axeitados. Deste modo, se estamos a tratar un aceite que procede dun transformador en baño, será fundamental controlar o factor de rixidez dieléctrica do aceite, parámetro que non é significativo noutras mostras procedentes doutros tipos de máquina.

Pódense chegar a analizar máis de 80 parámetros distintos, polo que se contempla todo o espectro de máquinas que se atopan na industria.

Entre os parámetros por medir atópanse a viscosidade, o TBN, o TAN, as escumas, a emulsión, os insolúbeis, os metais por espectrometría, a contaxe de partículas, a nitración, a oxidación e as propiedades dieléctricas. 



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.