Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Mariña e pesca > ADOC Marino > ¿Que é?
¿Que é?
barco petrolero

ADOC Marinos é un servizo exclusivo de Repsol.

Mediante a análise do aceite, permite coñecer o estado e a evolución dos seus motores, emite o diagnóstico apropiado en cada caso.

Para iso, avalíanse todos os parámetros máis significativos do lubricante utilizado en cada tipo de motor ao particularizar os ensaios que se realizan.

ADOC Marinos contemplan o máis amplo rango de motores Diésel utilizados en Mariña, dende os pequenos motores 4T ata os xigantescos motores 2T de gran potencia considerando as súas particularidades en cada un deles.

Este servizo é así mesmo aplicábel a aqueles motores grandes estacionarios utilizados para a Coxeración Diésel. Considérase ademais a posibilidade de que os motores empreguen unha depuradora de aceite e permite tomar dúas mostras, unha antes da depuradora e outra despois para avaliar con iso a eficiencia que está tendo a depuradora de aceite.

Neste sistema co paquete de toma de mostras, envíanse unhas etiquetas adicionais marcadas coa letra D, as cales indican que se pegarán ao bote coa mostra tomada tras a depuradora.

Só coa análise de mostras periódicas do seu aceite lubricante, o sistema ADOC Mariños é capaz de avaliar o estado da súa máquina e detectar as anomalías que puidese ter. Deste modo, poderanse previr e poñer remedio ás posíbeis futuras avarías.



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.