A información que este servizo facilita é a seguinte:
Emitirase unha tarxeta de resultados acompañada dos diagnósticos e as recomendacións por cada mostra procesada.
Ao observar os valores dos parámetros analizados, vostede poderá avaliar o estado da máquina involucrada, comprobando ademais a súa evolución mediante a comparación cos resultados correspondentes ás mostras anteriores.
Para facilitar a visualización e comprensión dos valores obtidos, estes móstranse en diferentes cores segundo o resultado se atope en estado normal, de alerta ou de alarma, xa que o sistema conta cuns límites definidos que se basean na experiencia adquirida nos máis de dez anos efectuando diagnósticos por parte da Asistencia Técnica Repsol.
O sistema emite un diagnóstico no que se lle comentan os resultados anómalos, preséntanselle as posíbeis causas de fallo e, finalmente, dánselle as recomendacións sobre as posíbeis alternativas para verificar os fallos ou as accións que pode adoptar para remedialos. Mesmo nas situacións de total normalidade, o sistema faille recomendacións como alongar ou acurtar o período de cambio de aceite, ou os datos para un novo envío de mostra.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.