Preguntas máis frecuentes sobre a tarxeta Solred
Atope aquí a resposta ás súas dúbidas:
¿Que é Solred?
Solred é o medio de pagamento do grupo
Repsol para as compras de carburantes e lubricantes nas Estacións de Servizo
Repsol,
Campsa e
Petronor.
Solred empezou a comercializar a súa tarxeta a principios do ano 1991. Converteuse, dende o seu inicio, na primeira compañía no sector de xestión e comercialización dos medios de pagamento para o transporte profesional.
Unha empresa líder que, co seu esforzo na innovación e no desenvolvemento de novos produtos e servizos, conseguiu presentar as mellores ofertas para o profesional do transporte.
¿En que Estacións de Servizo pode pagar coa súa tarxeta Solred?
Entre no buscador das Estacións de Servizo con Solred.
¿Como obter a tarxeta Solred?
Pulse este enlace para máis información.
Poderá obter as súas tarxetas Solred a través da súa Estación de Servizo, da súa entidade financeira, de aval bancario, de fianza ou de depósito en efectivo. Pulse este enlace para máis información.
¿Como dar de baixa unha tarxeta?
Se non necesita máis unha tarxeta por cambio de vehículo ou baixa deste, pregámoslle que nos devolva a tarxeta ao enderezo abaixo indicado. Debe enviar a tarxeta cortada pola metade para que sexa efectiva a súa baixa.
Solred, S.A. Edificio Alvento AB
R/ Vía de los Poblados, 1
28033 Madrid
¿Como solicitar duplicados de facturas?
Se necesita duplicados das súas últimas facturas de Solred, pode solicitalos a través do teléfono de Atención ao Cliente
902 136 137. Ademais, poderá solicitalos a través do servizo en liña Solred Directo.
¿Que facer en caso de roubo ou extravío da súa tarxeta?
Chame o servizo de Atención ao Cliente
902 136 137 onde procederemos ao bloqueo inmediato da súa tarxeta para así emitirlle automaticamente unha substitutiva desta. Solred recoméndalle que, en caso de roubo, presente a pertinente denuncia na comisaría máis próxima.
¿Que tarxeta Solred se adapta ás miñas necesidades?
Solred dispón dunha ampla gama de tarxetas pensadas para satisfacer as súas necesidades:
Tarxeta Solred Clásica
A tarxeta número 1 para as empresas e os profesionais do transporte que queren ter todo solucionado dunha vez e en todas as partes.
Tarxeta Solred Máxima
A tarxeta que ofrece descontos do 5% en todos os servizos e produtos de tenda das estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor e do 1% en carburantes.
Tarxeta Solred Gasóleo Bonificado
A tarxeta con maior cobertura das Estacións de Servizo para a compra de Gasóleo Agrícola e de Calefacción.
Tarxeta Solred DKV
Unha única tarxeta para os profesionais do transporte nacional e internacional.
Tarxeta Solred Portugal
Tarxeta específica para as flotas de transporte portuguesas. Válida para España e Portugal.
Tarxeta Solred Pesca
Tarxeta dirixida ás flotas pesqueiras para a compra de Gasóleo Pesca.
Sistema Solred Telemat
O mellor complemento para a súa tarxeta Solred. É o sistema máis innovador do mercado para conseguir un control preciso e a maior seguridade sobre os consumos de carburante da súa flota.
¿Que servizos ofrece Solred aos seus usuarios?
Un abano de servizos que cobren todas as súas necesidades e a dos seus vehículos.
- Pagamento en Estacións de Servizo con ampla cobertura.
"Estea onde estea, estará Solred".
Máis de 3.300 Estacións de Servizo das marcas Repsol, Campsa e Petronor.
Máis de 20.000 Estacións de Servizo en Europa e no Norte de Africa a través da Rede DKV.
Máis información - Pagamento en autoestradas.
"Non ande con rodeos".
Pague a peaxe en todas as autoestradas españolas e nas principais europeas.
Máis información - Pagamento en talleres.
"Polo que poida pasar".
Máis de 1.100 talleres especializados en vehículos industriais en España de todas as marcas onde poderá realizar calquera reparación ou comprar recambios e accesorios pagando con Solred.
Máis de 10.000 puntos de servizo en Europa a través da rede internacional de DKV.
Posibilidade de aprazar o pagamento ata 6 meses.
Máis información - Solred pagamento aprazado.
Aprace o pagamento da súa reparación ata 6 meses coas condicións máis excepcionais.
Só cunha chamada.
Máis información - Asistencia 24 horas.
"Con Solred, non quedará tirado".
Servizo de Asistencia Técnica 24 horas en España e toda Europa.
A póliza de Asistencia 24 horas máis competitiva.
Máis información - Seguros.
Asegure os seus vehículos co prezo máis competitivo do mercado e coa garantía de compañías líderes. Viaxe seguro con Solred.
Máis información - Facturación mensual.
Todo baixo control. Solred ofrécelle un control absoluto e a máxima eficacia na xestión da súa flota.
Máis información - Seguridade
A tecnoloxía de Solred pon todo baixo o seu control.
Máis información - Centro de atención ao cliente.
Solred pon á súa disposición un completo servizo de atención ao cliente.
Durante os 365 días do ano e as vinte e catro horas do día, Vde. pode contactar con Solred e resolver calquera xestión que necesite.
Teléfono: 902 136 137
FAX: 902 116 217.
Máis información - Solred Directo.
A canle de comunicación con Solred para a xestión integral da flota da súa empresa.
Dispoña dunha información totalmente actualizada das súas operacións con Solred.
Máis información
¿En que talleres se pode pagar coa tarxeta Solred?
Busque aquí o seu taller no que poida utilizar a tarxeta Solred:
¿Como solicitar máis tarxetas?
Se necesita novas tarxetas adicionais para novos vehículos, non ten máis que solicitalas a Solred. Isto pódeo realizar a través de Solred Directo, por fax ao
902 116 217 ou telefonicamente a través do número
902 136 137 indicando o seu NIF, o seu número de cliente e a súa nova matrícula.
¿Como cambiar os meus datos de correspondencia?
Se necesita cambiar os datos onde recibe a correspondencia de Solred, pode solicitalo a través de Solred Directo, por fax ao
902 116 217 ou telefonicamente a través do número
902 136 137 indicando o seu NIF, o seu número de cliente e o seu novo enderezo.
¿Como podo solicitar duplicados de claves para as miñas tarxetas Solred?
Se necesita duplicados das súas claves, pode solicitalas chamando ao teléfono de atención ao cliente
902 136 137.