Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

SORTEO “TARXETA SOLRED MÁXIMA 2008” DE SOLRED, S.A.

A sociedade SOLRED, S.A. (de aquí en diante SOLRED) con CIF n.º A-79707345 e con domicilio na rúa Vía de los Poblados, 1 - planta 4. 28033 de Madrid, proponse realizar unha promoción dirixida aos usuarios da páxina web repsol.com cuxa participación se rexerá de acordo coas seguintes:

BASES DO SORTEO

1) Ámbito territorial da promoción

Ámbito nacional.

2) Comezo

15 de novembro de 2008.

3) Terminación

15 de decembro de 2008.

4) Modalidade e data do sorteo

Sorteo ante notario o día 20 de xaneiro de 2009. 

5) Natureza dos premios

Os premios obxecto da presente promoción consisten en 5 cámaras dixitais de vídeo e foto Sanyo, XACTI negra HD 1000 e cuxo valor unitario é de 429,83 euros.           

Ningún participante poderá gañar máis dun premio. 

6) Carácter da participación

A participación neste sorteo é de carácter gratuíto.

7) Dereito de participación

Poderán participar nesta promoción exclusivamente os residentes legais en España, maiores de 18 anos.

 

                                 seguinte


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.