A seguridade de ter o control do seu negocio

¿Imaxínase unha nova forma de repoñer? Con Solred TELEMAT xa é posíbel.
Solred TELEMAT pon á súa disposición a máis avanzada tecnoloxía que lle permitirá recargar rápida e comodamente.
O sistema Solred TELEMAT é a mellor ferramenta para rentabilizar ao máximo o consumo de carburante da súa frota con tan só un microchip. Podrá rexistrar e controlar toda a información de cada recarga (lugar, día, hora, vehículo, litros, importe, quilometraxe) do xeito máis eficaz.
Seguridade, control total e maior exclusividade, grazas a Solred TELEMAT xa que o sistema só permite recargar a vehículos e carburantes autorizados, co que evita calquera posibilidade de erro na recarga. Ademais, vostede controla e xestiona o consumo da súa frota, segundo as súas necesidades. E con surtidores exclusivamente destinados a este sistema as 24 horas.
Con Solred Telemat, esqueza os tíckets, os comprobantes e pasar pola caixa. Todo é automático.
Prezos (I.V.E. non incluído)
Nº de depósitos Venda Arrendamento
1 Depósito 95 Euros 6,15 Euros
2 Depósitos 108 Euros 6,78 Euros
A estes prezos hai que engadir 105,82 € (I.V.E. non incluído) de intalación en taller autorizado Solred.
Todo baixo control con Solred TELEMAT. Para máis información, está á súa disposición o teléfono 902 136 137.
¿Onde atopar o sistema Solred TELEMAT? Nas Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor en España.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.