Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Tipos de tarxetas > Solred Gasóleo Bonificado > Requisitos para solicitala
Requisitos para solicitala
Logo Solred

 


Para obter a tarxeta Solred, ademais de cumprir o contrato, ha de presentar o impreso de garantía. Vostede pode utilizar como garantías:

Aval: SOLRED, S.A. ten asinado un ACORDO cun gran número de Entidades Financeiras coas que pode xestionar o seu aval bancario sen custo ningún para vostede.

Se vostede elixe unha Entidade Financeira, relacionada no impreso de ENTIDADES FINANCEIRAS, que se achega, nas que se indica que pode realizar aval bancario, pode dirixirse directamente á devandita entidade para solicitar o aval correspondente, acompañando este impreso. Ademais se así o desexa, pode enviarnos unha copia do impreso, e dende Solred procederemos a emitir unha carta a esta entidade para colaborar na súa solicitude do aval. Recordámoslle que o importe do aval será polo dobre do consumo mensual, no caso de que solicite a tarxeta Solred Clásica e Gasóleo Bonificado.

No caso de que solicite a tarxeta Solred-DKV, será o dobre do consumo mensual nacional mais o importe resultante de multiplicar o consumo internacional por 2,5.

Depósito: no caso de que non lle interese a vostede solicitar un aval bancario, ofrecémoslle a posibilidade de efectuar un depósito na nosa conta a través dunha transferencia polo importe arriba mencionado. Se elixe esta fórmula, obterá descontos adicionais nos seus consumos de carburante.

Aval estacións de servizo: se repón habitualmente na mesma Estación de Servizo, pode solicitar información sobre como ser avalado.

Acordo con entidades financeiras: dispoñemos dunha serie de acordos con diversas entidades financeiras para a obtención da tarxeta Solred.

Se vostede ten unha dúbida sobre o exposto ou precisa calquera tipo de aclaración, agradecerémoslle que se poña en contacto co noso Departamento Comercial.

Se vostede non dispón dos documentos para tramitar a súa garantía, pode imprimir unha copia dos documentos agora mesmo.

Entidades financeiras colaboradoras 



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.