Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Solred > Tipos de tarxetas > Solred Portugal
Solred Portugal
A mellor solución para xestionar, rentabilizar e controlar a súa frota de transportes
Tarjeta Solred Portugal

A tarxeta Solred Portugal é o medio de pagamento de Repsol en Portugal para empresas con frota propia e para todos os profesionais do transporte. Con ela poderá comprobar que adquiriu o mellor servizo para a súa flota, ao máis baixo custo.
Coa tarxeta Solred Portugal, disporá dunha ferramenta indispensábel para todas as empresas de transporte nacional e internacional, para as que Repsol pon ao seu servizo a máis ampla rede de Estacións de Servizo en Portugal e España.
Entre todos os beneficios da tarxeta Solred Portugal, queremos destacar os seguintes:

  • Conta co apoio dunha Rede de Estacións de Servizo moderna.
  • Descontos competitivos na súa recarga diésel, dende o primeiro litro, en máis de 3.200 Estacións de Servizo do grupo Repsol en Portugal e España: Repsol, Campsa e Petronor.
  • Maior seguridade en operacións realizadas. Grazas á máis avanzada tecnoloxía, que permite a través dun terminal transmitir a información de forma totalmente automática.
  • Facturación mensual, coa que obterá un crédito de aproximadamente 1 mes.
  • Efectuar un só pagamento, que recolle as facturas correspondentes ás operacións realizadas en Portugal e España, nun determinado período.
  • Desagregación en facturas do IVE distribuído por países, o que facilitará a declaración e recuperación deste.
  • Recibir mensualmente información detallada por correo, correspondente ás operacións realizadas, na que atopará elementos fundamentais para unha optimización da xestión e control administrativo da súa frota.     

Máis información no teléfono: 902 136 137 
ou contacte con Solred Portugal 
Rua Mário Dionísio 2-2-3º · 2795 Lind a Velha 
Tfno. 01 414 90 00/01 414 90 91 
Fax 01 414 90 97

Ver contidos en portugués



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.