Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Solred > Tipos de tarxetas > Solred Regalo
Solred Regalo
Tarjeta Solred regalo

A tarxeta Solred Regalo é o agasallo máis práctico e innovador que pode ofrecer aos seus clientes, empregados, etc, xa que se trata da primeira tarxeta prepago de carburante no noso país.

Esta tarxeta non é só un medio de pagamento, senón tamén unha utilísima ferramenta na estrada ou na cidade xa que permite a compra anticipada de carburante.

Unha tarxeta feita á medida, xa que un asigna á tarxeta o crédito que quere e con cada operación que se realiza vaise descontando o seu saldo ata esgotar o seu importe total. Así de sinxelo.

Ademais, con esta  tarxeta, os seus beneficiarios poden repoñer ou realizar compras na máis ampla rede do territorio nacional e Andorra: máis de 3.500 estacións de servizo das marcas Repsol, Campsa e Petronor, adheridas a Solred.

Solred  ofrécelle algo máis que un sistema de pagamento: un verdadeiro regalo tan práctico e tan valioso para todos como o carburante.

A tarxeta Solred Regalo está chea de vantaxes e resulta moito máis útil que os tradicionais regalos de promoción.

 

Solicitude de tarxetas Solred Regalo (só dispoñíbel en castelán)

 

 

UNHA TARXETA FEITA Á SÚA MEDIDA

Máis información no teléfono 902 136 137.



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.