RSS o sindicación de contidos
repsolypf.com proporciona aos seus usuarios un servizo de envío automatizado de titulares RSS.
¿Cales son as vantaxes deste servizo?
A tecnoloxía RSS permite recibir os titulares dos comunicados da Compañía no mesmo momento no que son publicados en repsolypf.com, sen necesidade de acceder ao portal en repetidas ocasións para comprobar se hai novidades.
Fronte aos boletíns de correo electrónico, a tecnoloxía RSS achega inmediatez e facilita a lectura, a organización e a xestión de grandes volumes informativos.
¿Como se utiliza?
Para beneficiarse deste servizo hai que ter instalado un lector ou agregador de noticias. Existe unha gran variedade en función do sistema operativo que se utilice. Os usuarios de Windows dispoñen de FeedDemon ou WinRSS. Os de Mac contan con NetNewsWire ou Newsmac, e os de Linux poden acceder aos servizos RSS a través de Straw, Evolution ou Syndigator. Unha vez seleccionado o programa, hai que engadir o enderezo da sección elixida ao agregador e seguir as instrucións.
Así mesmo, é posíbel utilizar agregadores web, que permiten consultar as subscricións dende calquera ordenador conectado a Internet sen instalar ningún programa. Exemplos de agregadores web son Mi Yahoo!, Mi MSN ou Bloglines.
Contidos dispoñíbeis en RSS
Estes son os enderezos (url) dos feitos relevantes e notas de prensa de Repsol YPF en RSS:
- Feitos relevantes:
- Notas de prensa: