Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > Actividade > Exploración e produción
Exploración e Produción 2007

O resultado das operacións da actividade de Exploración e Produción en 2007 foi de 2.968 millóns de euros, fronte aos 3.286 millóns obtidos no exercicio anterior, o que supón un descenso do 9,7%. O EBITDA ascendeu 5.227 millóns de euros fronte a 5.609 millóns de euros de 2006.

Esta redución no resultado debeuse, principalmente, ao efecto da depreciación do dólar fronte ao euro nun 8,4%, que supuxo un menor resultado de 285 millóns de euros; ao incremento dos custos de produción (277 millóns de euros); ao aumento das amortizacións técnicas de 155 millóns de euros, consecuencia dos maiores investimentos realizados e do incremento da actividade exploratoria, o que supuxo uns maiores gastos en exploración de 174 millóns de euros.

A actividade, consecuencia fundamentalmente da mellora nos prezos do cru, parcialmente compensada coa declinación de determinados campos en Arxentina, mellorou o resultado en 477 millóns de euros. Por outra banda, a cancelación do contrato de operación en Dubai e o resto dos cambios contractuais supuxeron un menor resultado de 119 millóns de euros, practicamente sen impacto a nivel de resultado neto.

O prezo medio de venda da cesta de líquidos de Repsol YPF foi de 49,84 dólares/barril (36,38 euros por barril) fronte aos 46,29 dólares/barril (36,88 euros por barril) de 2006. O prezo medio do gas situouse nos 2,15 dólares por mil pés cúbicos, foi similar ao do exercicio anterior.

Respecto ao custo de extracción, (lífting cost) en 2007 incrementouse en 277 millóns de euros, alcanzou os 3,82 dólares/barril, superior nun 32,2% ao de 2006. Este aumento localizouse basicamente en Arxentina debido á inflación acumulada, á renegociación de contratos e á madureza dos campos, que produciron un aumento dos custos, e en Trinidad e Tobago polos maiores gastos en seguridade e ambiente. En canto ao custo de descubrimento (finding cost) foi de 32,41 dólares/barril, cunha media para o período 2003-2007 de 6,78 dólares/barril.

Asegurando o crecemento

As actuacións desenvolvidas por Repsol YPF en 2007 continuaron reforzando a súa posición en áreas clave para a compañía como o Golfo de México (Estados Unidos), Norte de África, Trinidad e Tobago, Perú e Brasil, e permiten asegurar o seu crecemento orgánico maximizando a rendibilidade dos activos e o aumento da produción e as reservas para o período 2008-2012.

Repsol YPF impulsou significativamente a súa presenza en augas profundas do Golfo de México estadounidense nos últimos dous anos coa entrada no importante proxecto de desenvolvemento de petróleo de Shenzi-Genghis Khan e coa obtención dun bo número de novos bloques exploratorios. Esta área é considerada como unha das zonas máis rendíbeis e de maior potencial exploratorio en augas profundas do mundo.

En xuño de 2007, o organismo oficial estadounidense Mineral Management Service (MMS) aprobou a unificación de Shenzi e Genghis Khan (Shenzi Unit). Durante este ano, pechouse a adquisición do 28% do campo de petróleo Genghis Khan, descuberto no ano 2005. Esta compra, unida á realizada en 2006 do 28% do campo Shenzi, enmárcase na estratexia da compañía de diversificación e crecemento en países
OCDE. O campo Shenzi/Genghis Khan conforma un dos maiores descubrimentos ata o momento en augas profundas do Golfo de México.

Genghis Khan entrou en produción en outubro de 2007 e o seu completo desenvolvemento, xunto con Shenzi, que se espera que inicie a súa produción no ano 2009, permitirá aumentar significativamente a produción e reservas da compañía nos próximos anos.

Durante 2007, continuaron os traballos de desenvolvemento para a posta en produción do campo Neptune, prevista para o primeiro semestre de 2008. O consorcio Neptuno está formado por Maxus (15%), BHP Billiton (35%, operador), Marathon Oil Corp (30%) e Woodside Energy Inc. (20%).

En outubro de 2007, Repsol YPF obtivo 18 novos bloques exploratorios, entre os que figuran o GC-423, en asociación coa compañía Marathon, e o GC-348, xunto con Chevron, ambos os dous considerados dun elevado potencial.

No norte de África, Repsol YPF ten unha importante presenza, centrada en Libia e Alxeria, países nos que conta con significativos proxectos en marcha que permitirán un crecemento sostido e rendíbel para os próximos anos.

Máis información                                                

Última actualización: 14 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.