
Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, co desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a terceira edición do Premio de narrativa breve de Repsol YPF, de acordo coas seguintes bases:
1. A este premio poderán concorrer todos os autores e as autoras que o desexen, agás o gañador/a da anterior edición, cunha obra escrita en lingua galega, conforme á normativa estabelecida pola Real Academia Galega.
2. As obras, que serán orixinais e inéditas, terán unha extensión non inferior a 50 folios, nin superior a 120.
3. Os orixinais, que se presentarán encadernados e por octuplicado, estarán mecanografados a dobre espazo, a razón de 32 liñas de 70 carácteres aproximadamente. En cada un deles figurará o título da obra e o seu lema. Ademais, entregarase un sobre pechado no que figurará o mencionado lema e, no seu interior, o nome, o enderezo e o teléfono do autor ou da autora.
4. As obras enviaranse antes do 21 de xullo de 2008, e farase constar no sobre Premio de narrativa breve de Repsol YPF, ao seguinte enderezo:
Complexo Industrial Repsol YPF
Apartado 700
15080 A Coruña
5. Estabelécese un único premio dotado con 9 000 euros. Esta cantidade estará suxeita a retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
6. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as obras presentadas non reúnen a calidade suficiente.
7. A contía do Premio inclúe os dereitos de autor pola primeira edición do texto gañador. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia, a quen lle corresponderán os dereitos de edición en galego. En todas as edicións que se realicen farase constar o nome de Premio de narrativa breve Repsol YPF 2008.
8. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e será nomeado por Repsol YPF e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coa Real Academia Galega, a editorial Galaxia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editores.
A súa decisión será inapelábel e farase pública no mes de setembro deste ano 2008.
9. A entrega do Premio terá lugar no transcurso dun acto público que se celebrará na cidade da Coruña.
10. Se non é por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do Premio.
11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou as autoras o soliciten por escrito, nun prazo máximo de dous meses, a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.
12. Nos aspectos non considerados nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponde ás entidades organizadoras que, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán fallo que será inapelábel.
13. A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.
Nota de prensa (PDF 32,9 Kb)
Bases do concurso (PDF 62,5 Kb)
Última actualización: 31 mar 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.