Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Refino e Márketing > Cartaxena > Historia
Historia
Refinería de Cartagena

O complexo industrial Cartagena, cunha extensión aproximada de 190 hectáreas, está situado na rexión de Murcia, dentro do val de Escombreras, no termo municipal de Cartagena.

É a primeira refinaría da península, a súa construción iniciouse nos anos corenta baixo a denominación de Refinaría de Petróleo de Escombreras, SA (REPESO), cunha capacidade inicial dun millón duascentas mil toneladas anuais, quedou finalizada no ano 1950.

Dende a súa creación ata 1980, destacou o seu aumento de capacidade de destilación que medrou ata as 11 millóns de toneladas por ano. 

De 1980 a 1990 a capacidade de destilación reduciuse ata as 5,5 MTm/ano. Non obstante desenvolveuse o negocio de especialidades: asfaltos, parafinas e extractos aromáticos.

De 1990 a 2000 instaláronse as plantas ambientais, en 1992 as plantas de xofre, en 1990 e 1996 a de efluentes, en 1996 a de deslastres e en 1993 a de coxeración (40 Mw).

Dende o ano 2000 ata os nosos días, o máis destacábel é a inauguración do oleoduto Cartagena-Puertollano (2000), as novas especificacións de gasolinas e gasóleos, o incremento da capacidade desulfuración (2001 e 2004), a eliminación de benceno en gasolinas (2000) e o aumento de recuperación de hidróxeno (2001).


Última actualización: 14 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.