Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Refino e Márketing > Cartaxena > Instalacións
Instalacións
Refinería de Cartagena

O Complexo Industrial de Cartaxena, grazas ao esforzo investidor na mellora continua das instalacións e a incorporación das últimas tecnoloxías, ofreceu sempre os mellores produtos coa máis alta calidade, anticipándose ás esixencias dos mercados e ás normativas ambientales e de seguridade.

A refinaría ten unha capacidade de tratamento de 5,5 millóns de toneladas anuais. Fórmana dúas grandes áreas, unha de produción de combustíbeis e outra de bases lubricantes, asfaltos, parafinas e aceites aromáticos. Ademais, dispón dunha Planta de coxeración de enerxía eléctrica e de servizos adicionais como: tratamento de augas, almacenamento de produtos, terminal marítima, etc.

O parque de almacenamento de materias primas e produtos, cunha capacidade total de 2.430.000 m3, está constituído por tres áreas de almacenamento: a Estación Terminal de Cru, con 25 tanques e unha capacidade aproximada de 2.000.000 m3, a Estación de Produtos Rematados, con 20 tanques, e a Terminal de Gasolinas, con 13 tanques.

A Terminal Marítima, na dársena de Escombreras do Porto de Cartaxena, ten capacidade para recibir buques de ata 21 metros de calado e 270.000 TPM. Por el móvense máis de catorce millóns de toneladas ao ano, o que representa un 75% do tráfico total do Porto de Cartaxena.

Na actualidade, atópase inmerso nunha obra para a construción dunha nova fronte de atraque. Nel poderánse recibir buques de ata 315.000 TPM, duplicándose a capacidade de recepción de cru da refinaría.

Oleoduto

O Complexo Industrial de Cartaxena é cabeceira do Oleoduto, dende o que se envía o cru necesario para a produción no Complexo Industrial de Puertollano (7,5 millóns de TM).

Dispón de tres estacións de bombeo que se operan dende o centro de control de Cartaxena cunha potencia de impulsión duns 16.000 Kw. Conta tamén cun conxunto de 21 válvulas de corte automático, todo iso dotado de tecnoloxía que permite a automatización das operacións.

É destacábel o sistema de seguridade co que conta a instalación, que permite o control de toda a instalación dende o departamento de seguridade e tamén dende o cuarto de control da refinaría.


Última actualización: 20 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.