
"Repsol YPF comprométese a conducir as súas actividades de maneira que se minimicen os impactos ambientais negativos e se alcance un alto nivel de seguridade nos seus procesos, instalacións e servizos, prestando especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e ámbito local". Política ambiental
Para cumprir con estas declaracións no CI de Cartaxena véñense realizando importantes investimentos dirixidos tanto á mellora dos procesos de produción coma á fabricación de produtos cada vez máis limpos.
Eficiencia enerxética:
Dentro das liñas de actuación en materia ambiental, Repsol YPF aplica un plan de eficiencia co obxectivo de diminuír os seus consumos enerxéticos e reducir as emisións de CO2
O plan consta de dous tipos de accións:
1. Redución dos consumos enerxéticos das unidades de proceso mediante a optimización das operacións de fabricación, o aproveitamento da calor residual das correntes de proceso e a instalación de novos equipos de maior eficiencia.
2. Aumento da eficiencia na produción da enerxía eléctrica e de vapor coa instalación de unidades de coxeración.
Na actualidade, o complexo industrial de Cartaxena conta co certificado de calidade ambiental ISO 14001.
Tratamento de augas
Na planta de tratamento de augas residuais, as augas utilizadas no proceso de produción son sometidas a un completo tratamento mediante procedementos fisicoquímicos e biolóxicos que avalan a protección do medio mariño receptor, e permiten a máxima reutilización no proceso industrial deste recurso tan escaso na nosa Rexión. Pola súa banda, as augas de deslastres dos buques-tanques son tratadas na Planta de deslastres da Terminal Marítima.
Grazas ao programa de reutilización de augas depuradas no que se adoptaron tecnoloxías pioneiras, conseguiuse nos últimos anos reducir o consumo de auga nun 70%.
- No último ano, o Complexo Industrial reduciu o seu consumo de agua nun 50%
- Do total de auga que se consume dentro da Refinaría, máis do 60% reutilízase na planta
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.