
O Complexo industrial de Cartaxena presta especial atención ao concepto de Seguridade integrada a través do compromiso activo e responsábel de cada empregado ou colaborador, contribuíndo á seguridade propia e allea, e asigna á liña de mando a responsabilidade da xestión de seguridade das persoas, equipos e sistemas ao seu cargo.
A seguridade é un factor fundamental da actividade, demostrado cos continuos investimentos realizados, así como coas prácticas contra incendios, que o Equipo Permanente está perfectamente adestrado para facer fronte a calquera eventualidade que poda xurdir.
Coincidindo coa aprobación e desenvolvemento da actual normativa de prevención de riscos laborais, a compañía vén facendo un esforzo suplementario co fin de acadar a meta 0 accidentes. Meta que se acadou no mes de xaneiro de 2007, cando a refinaría recibiu a acreditación de ter cumprido 1 millón de horas traballadas sen accidentes. Este récord exténdese tanto a traballadores da compañía coma a empregados de empresas contratistas.
A acreditación internacional das boas prácticas en materia de seguridade chegou da man do Certificado do Sistema de Xestión de Seguridade (OSHAS 18001:1999).
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.