Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Actividade > Refino e Márketing > A actividade do Refino
A actividade do refino

Refinería

Unha compañía petroleira é aquela que intervén na cadea produtiva dende a exploración, produción e comercialización do cru (up stream), ata o seu transporte a refinaría, refino, distribución e comercialización dos produtos (down stream). A actividade de refino, polo tanto, intégrase no denominado down stream  e é un elo que intenta dar un valor engadido ao cru.

O obxectivo é a transformación do cru de petróleo en produtos: combustíbeis, lubricantes e asfaltos. Xunta a eles, prodúcense tamén unha serie de produtos derivados como xofre, coque, etc. e materia prima intermedia que á súa vez servirá de alimentación a outras industrias, como a petroquímica no caso da Nafta.

E é que a vida sen o petróleo non podería ser como a entendemos. Do cru obtense a gasolina e diésel, para  coches e autobuses, e outros combustíbeis para barcos e avións. Utilízase, ademais, para xerar electricidade, obter enerxía calorífica para fábricas, hospitais e oficinas e para producir diversos lubricantes para maquinaria e vehículos. 

Por outra banda, a industria petroquímica utiliza produtos derivados del para facer plásticos, fibras sintéticas, deterxentes, medicinas, e conservadores de alimentos, entre outros. 

Está presente no día a día de todas as persoas: no cepillo de dentes, xabóns e cosméticos que completan a nosa rutina de aseo, nas fibras téxtiles da roupa que nos cobre e na sola dos zapatos que completan o atavío. 

Na produción dos alimentos que nos reúnen á mesa e nos envases e vaixelas plásticos que os conservan. Porque a materia prima coa que se fabrican todos eses artigos, ao igual que outros milleiros e milleiros que usamos na nosa vida cotiá, é producida pola industria petroquímica.

O petróleo transformou a vida das persoas e a economía das nacións. O seu descubrimento creou riqueza, modernidade, pobos industriais prósperos e novos empregos, motivando o crecemento das industrias mencionadas. 

Última actualización: 12 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.