
En 1991 comezou a operar o primeiro equipo de xeración eléctrica da Refinaría, un turboxerador de recuperación enerxética de gases da Unidade de Crácking Catalítico.
Coa entrada en funcionamento en 1993 dunha unidade de coxeración, alimentada con gas de Refinaría, entre ambos os dous equipos alcanzouse unha capacidade de xeración próxima a 50 MW.
Este valor, é similar ao consumo de todos os equipos eléctricos da Refinaría, polo que máis do 90% da enerxía eléctrica xerada por estes dous equipos é consumida dentro da propia Refinaría. Os excedentes son vendidos á rede eléctrica exterior.
Outras accións importantes neste campo son o aproveitamento da calor residual de correntes que se arrefrían antes de envialas a almacenamento, ou a mellora dos intercambios entre diferentes correntes da mesma unidade ou de unidades anexas o que levou a importantes modificacións nas unidades de Destilación de Cru sen excluír pequenas melloras que contribúen ao obxectivo global de reducir o índice de consumo enerxético.
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.