
Petróleos do Norte S.A. (Petronor) foi constituída en Bilbao en 1968 co obxecto social de refinar e comercializar produtos petrolíferos e os seus derivados.
Tras diferentes modificacións da súa composición accionarial, os socios que a integran na actualidade son: Repsol, S.A. (85,98%), e Bilbao Bizcaia Kutxa- BBK (14,02%).
Coa toma de participación maioritaria de Repsol, S.A. en Petronor -que tivo lugar en 1989- a consolidación das diferentes actividades da Compañía, de cara a lograr uns niveis de eficacia e competitividade suficientes, sae reforzada coa súa integración no grupo máis sólido do sector.
Petronor ten unha capacidade de refino de cru de 12 millóns de toneladas anuais e a súa produción representa o 18% do total nacional.
Esta posición de liderado esixe un compromiso coa sociedade, clientes, empregados e accionistas que se expresa na Política de Petronor e susténtase nos Sistemas de Seguridade, Medio e Calidade.
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.