As instalacións industriais están situadas nos termos municipais de Muskiz, Abanto e Ciérvana, na costa de Biscaia e ocupan unha superficie de 200 Ha.
En 1972, tivo lugar o arranque da primeira Planta e en 1979 entrou en operación a segunda, totalmente integrada coa anterior. O conxunto compón a maior refinaría española, cunha capacidade de tratamento de once millóns de toneladas ao ano, o cal representa o 18% da capacidade nacional e o 30% da capacidade do Grupo Repsol.
Está constituída por dúas Plantas de Destilación de Cru (Topping) e unha Planta de Conversión. As unidades anexas que as compoñen son as seguintes:
· Dúas unidades de Destilación de Cru que separan do cru varias fraccións de características determinadas, LPG, Naftas, Querosenos, etc., producindo tamén un residuo non destilábel en condicións atmosféricas.
· Unidade de Destilación a Baldeiro, que trata a presión reducida, o residuo procedente da destilación atmosférica de cru, obtendo un destilado: gasóleo de baldeiro e un residuo de alta viscosidade, que son as materias primas para as unidades de FCC e Viscorredutora respectivamente, así como a fabricación de asfaltos.
· Unidade de Cracking Catalítico en Leito Fluidificado (FCC), que transforma o gasóleo de baleiro, xunto con algúns tipos de residuos de destilación atmosférica, en produtos destilados, base para a fabricación de gasolinas e gasóleos, o que supón un mellor aproveitamento do cru, diminuíndo a produción de fuel óleo.
· Dúas unidades de Desulfuración de Naftas onde se elimina o xofre das naftas para utilizalas como carga ás Unidades de Platformado.
· Dúas unidades de Platformado, que tratan parte das naftas obtidas na destilación atmosférica de cru para mellorarlles o seu número de octano, co que formarán parte das gasolinas acabadas.
· Catro unidades de Desulfuración de Destilados Medios onde se tratan queroseno e gasóleo de destilación atmosférica e produtos medios das unidades de FCC para eliminar a maior parte do xofre que conteñen, estabilizarlles a súa cor e poder cumprir coas especificacións de calidade destes produtos.
· Unidade de Desulfuración de Destilados pesados de Baleiro, para mellorar as características de xofre e nitróxeno da carga á Unidade FCC.
· Dúas unidades de Produción de Hidróxeno, a partir de hidrocarburos (gas de refinaría, propano, gas natural ou nafta) para ser utilizado nas unidades de desulfuración.
· Unidade de ETBE, para a produción de etil-terbutil-éter, produto osixenado que mellora a octanaxe das gasolinas a partir de Bioetanol.
· Unidade de Alquilación, para a obtención dunha gasolina de alta octanaxe axudando así á fabricación de gasolinas sen chumbo.
· Unidade de Hidroxenación de Disolventes, para eliminar os compoñentes aromáticos destes e facer que cumpran as especificacións requiridas no produto.
· Tres unidades de Recuperación e Fraccionamento de GLP, para a separación do propano e butano cumprindo as especificacións de calidade dos devanditos produtos.
· Dúas unidades de Desulfuración Merox de GLP, para a eliminación dos compoñentes xofrados nos gases licuados do petróleo.
· Unidade de Recuperación de Propileno, na que se obtén propileno de grao químico de alta pureza, materia prima da industria petroquímica.
· Unidade de Hidroxenación de Butadienos, onde se trata o butano olefínico para adecuar a súa calidade ás especificacións da industria petroquímica.
· Unidade de Adozamento Merox de Gasolinas, para a transformación dos compostos de xofre da gasolina de FCC noutros non corrosivos.
· Unidade de Adozamento Merox de Queroseno, para a transformación en compostos non corrosivos do xofre contido en parte do queroseno de destilación atmosférica.
· Unidade Viscorredutora, para diminuír a viscosidade do residuo de Baleiro e poder cumprir as especificacións do fuel óleo con aforro de diluínte.
· Cinco unidades de Aminas, onde se elimina o gas SH2 das correntes gasosas, que se empregarán como combustíbel.
· Unidade Redutora de Benceno da nafta reformada procedente das unidades de Platforming, onde se reduce o contido de benceno.
· Unidade Desulfuradora de Nafta de FCC, para eliminar o xofre das naftas producidas no cracking catalítico.
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.