Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Refino e Márketing > Petronor > Medio
Ambiente
Petronor

O respecto ao ambiente comeza por realizar o esforzo necesario tanto nos procesos de produción como na fabricación de produtos cada vez máis limpos, en anticipación constante ás crecentes esixencias tanto da lexislación española como comunitaria.

Con esta finalidade, no ano 2002 adáptase a unidade de fabricación de MTBE (metilo-terbutil éter) á fabricación de Biocarburante ETBE (etil-terbutiléter), compoñente que se obtén a partir de materias primas de orixe vexetal.

No campo dos procesos industriais, a preocupación de Petronor polo ambiente materialízase na ampla reutilización industrial das augas residuais xeradas que son depuradas na Planta de Tratamento de Efluentes, que foi ampliada en 1997.

A auga así depurada, e non recuperábel pola súa alta salinidade, condúcese ata a Terminal Marítima de Punta Lucero dende onde se dispersa en mar aberto.

Por outra parte, no ano 2005 entraron  en vigor as novas especificacións que reducen o contido en xofre dos carburantes de automoción (gasolinas e gasóleos) ata 50 partes por millón e, no ano 2009, o límite se estabelecerá en 10 partes por millón. Estas esixencias ambientais fixeron que Petronor tomara a decisión de adiantarse ao futuro e aprobara o investimento de 130 millóns de euros para a construción dunha nova desulfuradora de gasolinas e outra nova desulfuradora de gasóleos para o ano 2005.

En relación co tema da polución no mar, a Terminal Marítima de Punta Lucero está dotada de amplos medios de protección ambiental: dúas embarcacións especialmente preparadas, un equipo de recollida de hidrocarburos (20/100 toneladas/hora); catro remolcadores con medios de aplicación de dispersante e loita contra incendios; cercos; barreiras; deterxente biodegradábel e sistemas de bombas lanza escuma e auga.

En resumo, os criterios ambientais están presentes en todos os ámbitos de actuación da empresa e así co obxectivo de ser cada vez máis eficaces na prevención deste tipo de riscos, Petronor reforzou o seu compromiso establecendo, de acordo coas normas UNE-77801 e ISO-14001, un Sistema de Xestión Ambiental que define unha Política Ambiental.


Última actualización: 20 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.