Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Refino e Márketing > Petronor > Mellora instalacións
Mellora das instalacións
Instalaciones de Petronor

O liderado e competitividade no refino e distribución de produtos petrolíferos esixe unha continua actualización das instalacións da Refinaría, adaptándoas ás novas esixencias tecnolóxicas e ambientais así como á evolución previsíbel do mercado.

Con este obxectivo, Petronor ten previsto realizar investimentos en novas plantas así como modificacións en plantas xa existentes. Acometeranse aspectos como mellora de unidades, redución de consumos e minguas, redución de xofre en gasolinas e gasóleos, reforzamento da seguridade e redución de olores.

As unidades clave para o futuro son as novas desulfuradoras de gasolinas e gasóleos, co obxectivo de reducir o contido en xofre ata o límite que permite a tecnoloxía existente e cumprindo rigorosamente o que marque a lexislación nesta materia.

Igualmente clave é o proxecto URF para reducir a produción de fueóleo, transformando as fraccións máis pesadas do petróleo, cuxo destino é a formulación de fuel óleo, en produtos lixeiros de maior demanda (gasolinas e gasóleos).


Última actualización: 20 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.