Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Refino e Márketing > Petronor > Seguridade
Seguridade

A seguridade constitúe unha prioridade absoluta para Petronor. Conceptos como seguridade integrada, hixiene industrial e saúde laboral recibiron unha atención especial ao longo da traxectoria da Empresa que non escatimou recursos para dotarse de cantos medios foran necesarios.

Coherentemente con isto, Petronor definiu a súa Política que establece o compromiso de "conducir as súas actividades de maneira que se alcance un alto nivel de Seguridade, prestando especial atención á protección dos traballadores, contratistas, clientes e ámbito social".

A título de exemplo, cerca dun 10% do investimento destinado a calquera novo proxecto está dedicado a temas relacionados coa seguridade e, no caso de instalacións especialmente delicadas, esta porcentaxe amplíase ata o 20%.

Pero os fortes investimentos que garanten a calidade dos equipos, así como os sistemas que os protexen, non serían suficientes sen a profunda mentalización conseguida e mantida por cantos traballan na Empresa, mediante unha formación permanente e por unha actuación rigorosamente suxeita a esixentes normas de operación industrial.

As prácticas programadas manteñen a todo o persoal co nivel de adestramento necesario para poder afrontar as situacións de emerxencia que puidesen darse.

Un esixente programa baseado nun Sistema de Observacións Preventivas de Seguridade, ten como obxectivo cambiar as actitudes persoais co fin de alcanzar a meta de "Cero Accidentes".

Última actualización: 20 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.