
A Terminal Marítima de Punta Lucero, que entrou en servizo en 1975, é unha das de maior calado de Europa. Está composta por seis atraques e un espigón de 2.444 metros, preparados para a recepción de cru de petróleo e a carga de produtos petrolíferos, gases licuados e asfaltos. Ten capacidade para recibir petroleiros de ata 30 metros de calado e 500.000 TPM. No ano 2004 rexistrou un movemento de 378 buques, representando o tráfico de produtos o 45,20% do total correspondente ao Porto de Bilbao.
Ver máis información (só dispoñíbel en inglés)
Última actualización: 20 feb 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.