Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > Área de provedores > Como chegar a ser provedor de Repsol YPF
Como chegar a ser provedor de Repsol YPF

Repsol YPF asume o compromiso cos seus provedores de materiais e servizos de establecer relacións inspiradas na achega recíproca e o respecto mutuo, baseadas na confianza e calidade dos produtos e servizos, e así o indica na súa visión estratéxica.

Así mesmo, pretende desenvolver con imparcialidade e obxectividade os procesos de selección de provedores e contratistas, aplicando criterios de calidade e custo nestes procesos. Para iso, Repsol YPF ten establecido un sistema de clasificación de provedores que permite dispoñer daqueles provedores que cumpren os requisitos mínimos para traballar en Repsol YPF.

En liña co exposto, Repsol YPF abre, a través desta páxina, unha vía de comunicación para aquelas empresas que desexen subministrar bens ou servizos a Repsol YPF. Se a súa empresa está interesada en ser provedora de Repsol YPF, pode proporcionar a información previa necesaria a través do cuestionario adxunto.

Cuestionario previo

En caso de que, pola información que se achega, Repsol YPF considere de interese iniciar o proceso de clasificación do provedor para determinados materiais ou servizos, porase en contacto con vostedes. Repsol YPF non asume ningún compromiso polo feito de recibir o cuestionario.

En todo caso a súa solicitude quedará rexistrada por se fose de interese en posíbeis necesidades que xurdan nun futuro.

Nos casos de España, Arxentina e Venezuela, especialmente para os provedores e produtos importantes, Repsol YPF adoptou corporativamente un sistema de rexistro de provedores externo  xestionado polo grupo Aquiles que lle facilita información relevante para tomar as súas decisións con respecto aos provedores:

Estes sistemas de rexistro están compartidos con algunhas das máis importantes empresas de cada país nos sectores do petróleo, gas, auga e electricidade.

Para unha serie de subministracións, Repsol YPF considera necesario que os seus posíbeis provedores estean rexistrados neste sistema de rexistro do país ao que corresponda, como paso previo ao proceso de clasificación.

Última actualización: 20 xull 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.