Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Centro de Tecnoloxía de Repsol YPF en España
CTR

O maior Centro de Tecnoloxía de Repsol YPF está situado no termo municipal de Móstoles (Madrid) sobre unha parcela de 17 Ha de superficie. O seu deseño contemplou a diversidade de actividades que alberga na actualidade (exploración e produción, refino, gas, química...), as diferentes fases en que se poden atopar os proxectos de I+D e soporte tecnolóxico (escalas de laboratorio, microplanta, planta piloto...) e a necesidade de prever a súa adecuación aos continuos cambios que previsibelmente se van producir durante a súa vida útil (40-50 anos), tendo en conta a elevada rotación das tecnoloxías.


Centro de tecnología Repsol (Móstoles- Madrid)

Para atender estes requirimentos, o Centro de Tecnoloxía foi deseñado co criterio de flexibilidade de uso como elemento máis importante, o que levou a unha disposición modular de espazos e servizos. A partir dun elemento espacial único, chamado módulo de laboratorio, que dispón de todos os servizos (electricidade, augas, gases, datos, servizos de seguridade, etc.), pódense xerar todas as zonas de traballo precisas, dende laboratorios para ensaios a pequena escala ata instalacións semiindustriais tipo planta piloto. Deste xeito, pódense cambiar os usos dun determinado espazo sen necesidade de engadir ou reconfigurar as instalacións e servizos, nin de interromper a actividade nas áreas contiguas. 


Comedor del CTR

O conxunto dos edificios que compoñen o complexo supón un total de 56.000 m2 construídos, cunha reserva adicional de edificabilidade de 24.000 m2 e unha capacidade de ocupación de ata 500 persoas. Para a realización do traballo experimental demandado cóntase cun completo equipamento:

  • Equipos de laboratorio para o estudo a pequena escala de operacións e procesos. Microplantas e plantas piloto como etapa intermedia do escalado de procesos ata o tamaño industrial.
  • Equipos para análise química e estrutural de produtos.
  • Equipos de ensaio de características físico-químicas de produtos petrolíferos.
  • Bancos de proba de motores e cámara climática de vehículos para estudo de comportamento de carburantes e lubricantes.
  • Equipos para estudo de propiedades de polímeros.
  • Máquinas piloto de transformación de polímeros.
  • Equipos para caracterización de catalizadores e outros materiais sólidos.
  • Equipos para estudo e certificación de aparatos de consumo e industriais a gas.
  • Instalación para a fabricación de combustíbeis especiais e de competición. Software de modelización e simulación de procesos industriais.  


Última actualización: 1 ago 2006


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.