Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Xestión

A tecnoloxía en Repsol YPF ten a misión de crear valor e coñecemento propio por medio da I+D (Investigación + Desenvolvemento)  e do soporte tecnolóxico especializado no ámbito dos procesos de produción e os produtos da compañía.

O seu principal activo constitúeo o coñecemento e a capacidade tecnolóxica dos máis de 400 técnicos e investigadores que se encargan do desenvolvemento tecnolóxico a curto,  medio e longo prazo e da mellora continua da eficiencia e da calidade técnica e ambiental dos nosos procesos e produtos.

Técnicos e investigadores

A actividade prográmase en estreita colaboración coas unidades operativas da empresa. Esta planificación contempla tamén a contratación de I+D con Universidades e centros externos, así como o desenvolvemento de proxectos en colaboración con outras empresas, sempre co obxectivo de acadar a máxima eficiencia e calidade.

A actividade oriéntase baixo os principios da  xestión por procesos, aplica o modelo EFQM como ferramenta para a mellora continua e dispón dun sistema informatizado de xestión técnica e económica dos proxectos.

Os centros de España e Arxentina posúen a acreditación ISO 14001 de ambiente, operan baixo un sistema integrado de seguridade e ambiente, e os laboratorios que o requiren teñen certificacións de calidade ISO 9001 ou ISO 17025.

O labor de tecnoloxía opera en toda a cadea de valor da compañía,  que comeza coa extracción de petróleo e gas nos pozos, pasa polos diferentes procesos de transformación nos nosos centros produtivos para obter produtos como combustíbeis líquidos e gasosos, lubricantes ou plásticos que chegan ata o consumidor final.

En canto ao horizonte temporal, desenvólvense distintos tipos de proxectos: soporte tecnolóxico para a mellora a curto prazo dos procesos e produtos xa existentes, investigación e desenvolvemento de novos procesos e produtos cando a tecnoloxía propia achega vantaxes competitivas e abre mercados, e vixilancia de tecnoloxías emerxentes que poidan ter un impacto a máis longo prazo nos nosos negocios.

Última actualización: 20 xull 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.