Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Upstream (Exploración e Produción de Hidrocarburos) e Cadea do Gas
Upstream

A actividade de Tecnoloxía en E&P está orientada a achegar valor aos procesos de Negocio mediante a realización de proxectos que van dende a vixilancia tecnolóxica ata o soporte tecnolóxico especializado, e aborda tamén desenvolvementos específicos cando unha análise integral e de oportunidade o considera de interese.

Na área de Exploración a actividade está orientada á avaliación e captación de tecnoloxías e ferramentas novas ou emerxentes para a busca de hidrocarburos (sensores remotos, xeoquímica especializada, métodos xeofísicos innovadores, modificación de tecnoloxías convencionais...).

En Tecnoloxías relacionadas con Reservorios realízase un soporte tecnolóxico e especializado permanente en diversas disciplinas. Merece salientar como exemplo de actividade a aplicación de técnicas xeoquímicas á asignación de produción por capas en depósitos multicapa, o soporte en termodinámica para avaliación de consistencia de estudos PVT, a caracterización de fluídos para o seu emprego en simulacións de reservorio ou os estudos de dano de formación.


Upstream

No amplo ámbito da recuperación secundaria por inxección de auga tamén se presta soporte especializado en temas como a selección da calidade da auga inxectada e a predición da perda de inxectividade, con especial atención aos estudos de orixe do agreamento de reservorios por xeración de H2S e avaliación e aplicación de solucións.

As tecnoloxías relacionadas con recuperación mellorada (EOR) son un dos focos da nosa actividade dada a madurez dalgúns depósitos. A actividade vai dende aplicación de metodoloxías de screening  para selección do procedemento máis adecuado para un reservorio específico, ao deseño e supervisión de ensaios de laboratorio que reproduzan en forma simple o proceso seleccionado incluíndo a simulación para pasar posteriormente ao seu escalado a piloto en campo. Nesta última fase o deseño do seguimento é clave para valorar o éxito.

Na área de Tecnoloxías aplicadas a Instalacións de Superficie merecen salientarse a actividade de selección e avaliación de materiais para  instalacións e as tecnoloxías para a prevención e protección da corrosión, así como asistencia en análise de fallas de equipos e instalacións e as técnicas de inspección baseadas en risco.

Realízanse tamén estudos para optimización dos procesos de superficie, incluíndo selección de sistemas de instrumentación e control, optimización enerxética ou simulación de sistemas complexos en instalacións de diferente tipo.

Na área de Tecnoloxías Ambientais préstase soporte tecnolóxico especializado en tecnoloxías relacionadas coa orixe, tratamento e disposición de efluentes e residuos aplicando tanto métodos convencionais como emerxentes, como as técnicas isotópicas, uso de imaxes satélite e radar para a identificación de pasivos, uso de biofiltros e biorreactores e metodoloxías innovadoras de biorremediación.

No ámbito do cambio climático, a actividade está orientada a prestar soporte especializado na elaboración de inventarios, estimación e medición de emisións, identificación de fontes de gases de efecto invernadoiro e análise de oportunidades de redución mediante procesos de captura, transporte e almacenamento ou reutilización de CO2.

As tecnoloxías relacionadas coa produción e upgrading de crus pesados é outro dos focos prioritarios da nosa actividade. O coñecemento existente diríxese a prestar soporte tecnolóxico nos proxectos de desenvolvemento de reservas deste tipo de crus, dende a produción ata a transformación en produtos finais de maior valor mediante tecnoloxías convencionais de upgrading  e/ou avaliando a viabilidade e impacto de tecnoloxías emerxentes de upgrading. 

Finalmente, na área da Cadea Primaria do Gas Natural préstase soporte tecnolóxico aos procesos industriais situados augas arriba da distribución do produto e que permiten valorizar reservas de gas, como son a Licuación ou o proceso GTL (gas-to-liquid). Salientan o soporte para a avaliación e selección de tecnoloxías de licuación, os estudos de procesos para a optimización das mesmas e a liña de actividade encamiñada a permitir a Repsol YPF o acceso a tecnoloxía GTL.


Última actualización: 1 ago 2006


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.